lunes 31 de enero de 2011

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN
"NVMERVS CLAVSUS" de HENRIQUE GABRIEL

2 de febreiro
18.00h.INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN "NVMERVS CLAVSUS" de HENRIQUE GABRIEL
19.30H. CONCERTO "ART SUITE" de Vitor Rua


Será servido un pequeno cocktail

No noso Salón Nobre

Aberta ao público ata o 11 de febreiro

Entrada libre

lunes 24 de enero de 2011

CENTENARIO DE ÁLVARO CUNQUEIRO



Este ano conmemórase o centenario do nacimento de Álvaro Cunqueiro, novelista, dramaturgo, poeta, xornalista e gastrónomo.
A Xuventude de Galicia quere render homenaxe a este grande e prolífico escritor galego, e para iso estamos a preparar unha conferencia e unha exposición que permanecerá no noso Salón Nobre para despois formar parte do noso Restaurante, que leva o seu nome, no que poderán continuar apreciando algúns dos seus escritos, poemas e receitas de cociña….
Temos pensado que para rematar a xornada, que mellor que celebralo cunha cea , cun bo lacón con grelos e filloas....anímanse???
En breve anunciaremos a data

Para quen non coñeza moi ben a este personaxe vai un pouco da súa BIOGRAFÍA:


Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo, Lugo no ano 1911 .
No ano 1922 transládase a Lugo para cursar o Bacharelato, e logo a Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde se decantou polas tertulias e as lecturas antes do que polas aulas. Descubre así a obra de autores como Yeats, Rilke, Breton, Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios.
Nas tertulias do Derby e do Español coincidirá con García-Sabell, Torrente Ballester, Carvalho Calero, Luis Seoane, Maside, Colmeiro e moitos outros integrantes do movemento artístico compostelán, contactos que estimularían a Cunqueiro a tomar consciencia do país e da lingua.
De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta, promovendo a aparición de publicacións como Papel decolor,
Galiza, Editorial Un...etc..,inseridas no ambiente vangardista da época.
Na liña vangardista publicou os poemarios Mar ao Norde (1932),Cantiga nova que se chama Ribeira (1933) e Poemas do si e do non (1933).
Afiliado á Falanxe desde 1937, Cunqueiro exerceu de mestre en Santa Marta de Ortigueira e de periodista en Vigo, Donostia e Madrid. En 1944 o réxime retiroulle o carné de xornalista e voltou a Mondoñedo. Comezou neses anos a súa andaina como narrador galego: novelas (Merlín e familia i outras historias, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas) e libros de relatos (Escola de Menciñeiros, Xente de aquí e de acolá...). Tamén retoma a escrita de pezas dramáticas, como O incerto señor Don Hamlet Príncipe de Dinamarca (1958). Ingresou na Real Academia Galega en 1961, ano en que fixou a súa residencia na cidade olívica para
traballar no xornal Faro de Vigo.
Desde 1978, en que gaña unha bolsa vitalicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e até a súa morte en 1981, sucedéronse as homenaxes: Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Pedrón de Ouro do Patronato Rosalía de Castro, homenaxe pública en Vigo...
A superación do concepto tradicional dos xéneros, a intertextualidade e coherencia do seu universo literario, a recreación de figuras e mitos, o tratamento do elemento popular e a incorporación de técnicas propias da oralidade serán os trazos que identifiquen a produción do multifacetado escritor, nunha magna obra que conforma un corpus inzado de coñecementos etnográficos, plásticos, musicais, filolóxicos e literarios. O seu extraordinario testamento poético ficou recollido baixo o título de
Herba aquí ou acolá (1980).

martes 11 de enero de 2011

13 DE XANEIRO-16.30H.
PALESTRA E PRESENTACIÓN
FUNDACIÓN DE CASA HISTÓRICAS Y SINGULARES


16.30h Presentación dos obxetivos e actividades da Fundación de Casas Históricas y Singulares e Associação Portuguesa das casas Antigas entidades homólogas de España e Portugal que adícanse á defensa, conservación e difusión do Patrimonio Histórico.

http://www.ap-casas-antigas.pt

Palacio Fronteira de Lisboa
Largo de São Domingos de Benfica, 1
Lisboa

miércoles 5 de enero de 2011

FESTA DE REIS


DIA 8- 16.00h. FESTA DE REIS no noso centro, para os mais pequenos.
Na festa será representada a peza de teatro infantil
"NATAL NA FLORESTA"
adaptada por BeOnStage
con entrega de xoguetes para nenos e nenas.

Achégate e comparte un sorriso!!

FELIZ 2011


A Xuventude de Galicia quere desexarlles un moi Feliz Aninovo,
con moita saúde, traballo e ledicias!!

miércoles 1 de diciembre de 2010

RESUMO PROGRAMA DECEMBRO 2010


19.00h. XOVES 9 DE DECEMBRO

Inauguración exposición acuarelas de

EUGENIO SILVA

Paisaxes
No salón Nobre
Aberta ao público
ata o dia 17 de Decembro

19.00h. XOVES 16 DE DECEMBRO

Proxección do filme de

GALEGOS EN LISBOA,A HISTORIA XAMÁIS CONTADA
de XAN LEIRA


No noso Salón Nobre

21.30-23.30h. VENRES 17 DE DECEMBRO

Palestra sobre o Ano Xacobeo
O ANO XACOBEO E TESTEMUNHOS DE PEREGRINOS

Na que falarán:
PADRE JORGE ANSELMO
(Párroco na Igreja de Sta. Catarina no bairro Alto)
ISABEL CALZADO BLANCO FERREIRA e ISABEL SALAZAR CARREIRA,
(Grupo ULTREYA)
GONÇALO CABRAL
(Preparación e Información da peregrinación)
TESTEMUNHOS DE PEREGRINOS
ASSOCIAÇÃO ESPAÇO JACOBEUS

(Delegación de Lisboa)

No noso salón de festas

14H00 ÀS 20H00 DOMINGO 19 DE DECEMBRO

Exposición de
ISABEL CALZADO BLANCO FERREIRA

XOIERÍA EN ESTANO E
PEDRAS SEMIPRECIOSAS

19.00H. MARTES 21 DE DECEMBRO

Inauguración da exposición de fotografía

“ESPAZOS REVELADOS NOVOS OLLARES
SOBRE ARQUITECTURA HISTÓRICA”

que presenta os traballos de
BEATRIZ ROMERO e BERNARDO AJA
Organizada pola
FUNDACIÓN DE
CASAS HISTÓRICAS Y SINGULARES

co apoio do Ministerio de Cultura de España
No noso Salón Nobre
Aberta ao público ata o 14 de xaneiro de 2011

E como feche o dia

16.30h. XOVES 13 DE XANEIRO

Presentación no Palacio Fronteira
dos obxetivos e actividades da

FUNDACIÓN DE CASAS HISTÓRICAS Y SINGULARES
e
ASSOCIAÇÃO PORTUGUESA DAS CASAS ANTIGAS
Palacio Fronteira de Lisboa
Largo S. Domingos de Benfica

16.00H. SÁBADO 8 DE XANEIRO

Festa de Reis

Representación da obra de teatro infantil

NATAL NA FLORESTA


con entrega de xoguetes para nenos e nenas.

Achégate e comparte un sorriso!!

miércoles 24 de noviembre de 2010

26 e 27 DE NOVEMBRO
FORO ACHEGA DE OPORTUNIDADES DE ESTUDO E EMPRENDEDORISMO

A Asociación Xuventude Galega en Europa, xuga.eu, organiza ós 26 e 27 de novembro un foro achega oportunidades de estudios e emprendedorismo como primeiro emprego


A temática será a “formación para os mozos e as posibilidades de primeiro emprego”, contando as nosas experiencias persoais en diferentes países de Europa e contando coa presenza de institucións que ofrecen estes servizos, pero tamén con xóves empresarios galegos que viran compartir as súas experiencias cos asistentes o foro.

A Asociación Xuventude Galega en Europa, foi creada no pasado ano 2009 en Lausanne (Suíza) coa intención de promover unha rede social entre mozos galegos espallados en toda Europa. Un dos seus obxectivos durante o foro é achegarse á xuventude galega estando, se é posible, en contacto con asociacións e institucións de xóves para informarlles sobre as actividades e próximos eventos.

A organización deste evento ven a raíz da realización do Camiño de Santiago en febreiro deste ano que permitiu facer de nexo entre a xuntanza celebrada por Xuga.eu en Lisboa no pasado novembro, na que se contou coa participación de máis de 50 mozos nas sesións de traballo e arredor de 300 nos programas culturais desenvolvidos.

Desta vez, a "xuga" vai o encontro da mocidade galega residente e estudando en Galicia para facerse coñecer e xerar sinerxias entre o mundo dos estudos e do emprendedorismo, dentro e fora de Galicia. Cun programa completo e a grazas a colaboración da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua da Universidade de Santiago, esperamos poder reunir as condicións para o debate e ás oportunidades.

O foro terá lugar no salón de actos do Colexio Maior Fonseca Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela

Programa:

Venres 26 de novembro
19h00 - inauguración do evento - Presentación de Xuga.eu
22h00 - Serán tradicional galego
Sábado 27 de novembro
10h30 Oportunidades de estudios dentro de Galicia e Europa
Presentación das diferentes becas polo Vicerrectorado de Estudantes de Universidade de Santiago de Compostela
11h30 Presentación da Formación Profesional pola Secretaría Xeral de Orientación Profesional e Relacións Empresariais
13h00 Asociacións universitarias, presentación e oferta
Erasmus Enxebre Compostela
MEIGA - Intercambios de medicina
16h00 "Emprender : a tua oportunidade de 1o emprego. Mesa redonda animada por Ana Mirás : xoven traductora e intérprete autónoma
FEGAXE - Federación Galega de Xóves Empresarios
MEIGALICIA - Turismo alternativo
Grupo Expansiona - Proxectos imobiliarios
Aporta - Comunicación & Medio Ambiente
17h00 Presentación do programa EYE : Erasmus for Young Entrepreneurs
UNINOVA
18h00 Peche do foro
Todos os foros serán gravados en vídeo e dispoñibles na web xuga.eu con posterioridade.



--